English Breackfast

English Breakfast

A mellor das aprendizaxes é aquela que adquirimos directamente co valor do exemplo. Todos nós somos conscientes da importancia de dominar dúas ou máis linguas, en especial do valor do inglés no mundo de hoxe.

De feito, un dos símbolos identitarios polo que moitas familias dende hai xa décadas confían aos seus nenos e nenas á Escola Rosalía de Castro, é o éxito rotundo da aprendizaxe do inglés.

Para os pais e nais, ás veces é imposible poñer en práctica o coñecemento adquirido, ben por falta de tempo, ben por falta de ocasións nas que poder utilizar a lingua extranxeira.

Así pois, como primeiro proxecto da Escola de Pais, a Fundación Escola Rosalía pon en marcha o “English breakfast”, unha reunión semanal entre adultos, dunha hora de duración, coordinada por un profesor nativo, na que poderás:

  • Practicar inglés oral, listening and speaking
  • Almorzar mentres practicas o inglés
  • Formar parte dun grupo de adultos, todos país e nais da Escola Rosalía de Castro, nun ambiente distendido e relaxado, emprengando temas de actualidade como contido principal das sesión

 

O prezo para asistir ó clube “English breakfast” é de 25 € ó mes. Anímate e inscríbete xa, para comezar en outubro.

INSCRÍBETE