Foro Rosalía

Educar no deporte, valores para a vida

 

 
Charla-coloquio con Susana Rodríguez Gacio
Subcampiona Mundial de Triatlón Paralímpico
#rosalianos

 

Sala de Conferencias do Teatro Afundación

28 de setembro de 2017, 19.00 h

 

  

Esforzo, superación, disciplina, paixón, perseverancia… Existen unha serie de valores intrínsecos á práctica deportiva que en boa maneira pode ser responsables de conformar unha base persoal e profesional capaz de acadar o éxito.

Susana Rodríguez Gacio, antiga alumna da Escola Rosalía de Castro, acadou o pasado venres 15 de setembro a medalla de plata no Campionato Mundial de Triatlón Paralímpico celebrado en Rotterdam (Países Baixos). A galega e a súa guía remontaron posicións durante o transcurso da proba ata chegar segundas (1’15’02”) trala campeona paralímpica australiana Katie Kelly, e subir unha posición con respecto ó podio do pasado Mundial.

A nosa campiona diplomouse no seu día en Fisioterapia para máis tarde cursar a carreira de Mediciña. Hoxe en día, en paralelo á súa carreira deportiva, está a facer a especialidade como médico residente en Medicina Física e Rehabilitación en Santiago de Compostela.

Susana padece albinismo oculocutáneo, unha condición xenética que afecta a unha de cada 17.000 persoas e que provoca unha falta de pigmento en pelo, pel e ollos e, por tanto, graves problemas de visión. Será un pracer coñecer de primeira man a súa historia, as súas vivenzas e experiencias, e celebrar con ela esta nova xesta.

 

  

Programa

19.00 h                Presentación do acto

                               Antonio Filgueira Carrera

                               Presidente do Padroado da Fundación Escola Rosalía

19.15 h                “Educar no deporte, valores para a vida”

                               Susana Rodriguez Gacio

                               Subcampiona Mundial de Triatlón Paralímpico

                               Antiga alumna da Escola Rosalía de Castro

20.00 h                Coloquio

20.30 h                Peche do acto