Escola de Pais

 

Pais e nais nunca deixamos de sorprendernos. E nunca deixamos de encarar desafíos e problemas, ás veces maiores, ás veces de menor importancia.

Sexa como sexa, na fermosa e esixente tarefa de criar ós fillos, os adultos asumimos un desafiante reto e unha enorme responsabilidade. E ¿acaso sabémolo todo? Nin moito menos.

Por esta razón e co obxectivo de atender e cubrir as demandas de formación en competencias, habilidades e coñecementos necesarios para desenvolver da mellor forma posible o noso rol como educadores, a Fundación Escola Rosalía pon en marcha a Escola de Pais.

Queremos ser un centro aberto ás suxestións, inquedanzas e necesidades dos adultos en relación coa educación e a formación dos fillos, ofrecendo actividades diferentes e animándovos a tomar unha actitude activa en colaboración co resto da comunidade educativa. Queremos ser canle para transmitir e resolver as vosas dúbidas, pero tamén recolector de ideas e de iniciativas de interese para vós. Comezamos.