Aprendizaxe de cine

Comeza aquí a “pedagoxía da mirada” da Fundación Escola Rosalía. CineConciencia é a iniciativa que poñemos en marcha para abordar a Educación en Valores empregando o cine como ferramenta: igualdade, convivencia, diversidade, cooperación, respeto, solidariedade, o perdón… serán algúns dos temas que iremos abordando a través de diferentes historias. Para a primeira convocatoria, non podíamos ter mellor película: A palabra xusta, de Antía Cal.