Cine documental en Vigo: A palabra xusta

Auditorio do Concello de Vigo, 15 de setembro de 2017, 19.15 h

Para a estrea do noso CineConciencia, o día 15 de setembro no Auditorio do Concello de Vigo, non podemos ter mellor cartel: A Palabra Xusta, un fermoso documental que nos permitirá coñecer en primeira persoa a historia da nosa presidenta de honra, Antía Cal, Tita, fundadora da Escola Rosalía de Castro. Unha muller adiantada ó seu tempo, mestra, pedagoga, feminista e acérrima defensora do progreso e a liberdade.

Despois da película terá lugar unha charla-coloquio, na que contaremos con persoeiros relacionados con esta trascendental historia, e tamén profesionais da educación, testemuñas directos do acontecido, cunha visión enriquecedora sobre o relato de “A palabra xusta”. 

      Programa  

  • 19.15 h  Recepción de asistentes 

  • 19.30 h  Presentación do acto

  • 19.45 h  Proxección do documental

  • 21.00 h  Coloquio

  • 22.00 h  Peche do acto

 

 www.ticketea.com/entradas-cine-cineconciencia-a-palabra-xusta/