Encontros Rosalianos

I Encontro Rosaliano: Visita ás Adegas Valmiñor

Sábado, 8 de xullo de 2017

Remata o curso, comeza o verán e a Fundación Escola Rosalía celébrao coa comunidade rosaliana cunha xuntanza nunha xornada de lecer.

A visita ós viñedos e ás Adegas Valmiñor, merecedoras do distintivo “Mellor viño branco do mundo” Gold Star Awards 2016, seguida dunha cata de viños e un xantar informal completan o programa da xornada. Os máis pequenos gozarán ademáis de dúas horas de animación infantil con actividades especialmente preparadas para eles.

Con este Encontro a Fundación Escola Rosalía quere favorecer a relación entre persoas que tiveron ou teñen algún tipo de relación coa Escola, ben como alumnos, como país ou nais ou como Mestres. Distintas xeracións de rosalianos e as súas familias, todos sodes benvidos.

PROGRAMA

10.30 h            Chegada ó punto de reunión: parking Escola Rosalía de Castro

10.45 h            Saída cara O Rosal

12.00 h            Recepción nos viñedos. Visita

13.00 h            Traslado a Adegas Valmiñor

13.15 h            Visita. Cata de viños e xantar informal

16.45 h            Remate da xuntanza e saída cara a Vigo

18.15 h            Chegada á Escola Rosalía de Castro e fin do Encontro

PREZOS

Adultos: 30 € - Nenos: 8 €

Os prezos inclúen:

  • Visita ós viñedos e ás adegas
  • Cata de dous viños brancos e un tinto
  • Xantar informal
  • Animación para os máis pequenos
  • Regalo dunha botella de viño branco por cada adulto
  • Sorteo dunha botella jéroboam (3 litros)
  • Autobús para traslado Vigo-O Rosal-Vigo

INSCRIPCIÓNS E FORMA DE PAGO

Para participar nesta actividade será necesario realizar unha transferencia bancaria a favor da Fundación Escola Rosalía, ingresando o importe correspondente ó total de persoas inscritas no seguinte número de conta: ES57 2080 5020 0930 4005 1002.

Para formalizar a inscripción será necesario remitir o comprobante da transferencia bancaria a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e de seguido recibirás un correo de confirmación.

REALIZAR INSCRICIÓN