Banco de libros de texto Escola Rosalía de Castro encontros na escola Rosalía

A palabra xusta, Antía Cal

Despois de moitos meses de traballo chega ás pantallas A PALABRA XUSTA. A historia dunha mestra comprometida que fundou en Vigo o Colexio Rosalía de Castro. Un faro para a nova pedagoxía.

A música de Nani García, as voces de Javier Gutiérrez e Rebeca Montero, as paisaxes de Muras, as cartas de amor que lle escribiu o seu home Antón Beiras e unha casa parada no tempo... Todos dialogan cunha pedagoga de 92 anos que fai un balance honesto e sen prexuizos do tempo que lle tocou vivir.

A PALABRA XUSTA. Unha produción independente.