Susana Rodríguez Gacio: "Persegue os teus soños"

Convidámoste á charla coloquio  “Persegue os teus soños” na que Susana falará das súas vivenzas persoais e deportivas, sempre co obxectivo da superación constante.

Cita: Xoves 3 decembro ás 20.00hrs. 

Lugar: Cafetería Escola Rosalía de Castro. Charla informal tomando algo.

 
 
Susana, foi alumna da Escola Rosalía de Castro dende o ano 1991 ao 2006. Nestes 15 anos na Escola fixo bo aquel dito "Fai máis quen quere que quen pode".
 
Demostrou sempre ter un espírito de superación e loita merecedor de tódalas loubanzas, conseguindo sempre facer o que se propuxo e o que lle propuñan. Os seus problemas de limitación visual, consecuencia do seu albinismo, non lle impediron obter unha media no Bacharelato de 9,8 e nas Probas de Acceso a Universidade un 9,6.
 
Diplomouse en Fisioterapia na Universidade de Vigo entre os anos 2006 e 2009. Pero non satisfeita co éxito acadado, decidiu matricularse na Universidade de Santiago para facer medicina , título que obtivo no ano 2015.
 
Ademáis de estudar tivo tempo dabondo para adicarlle ao deporte. Do seu extenso currículo de éxitos destacamos:
 
 
Atletismo: Subcampiona do Mundo 100 metros lisos Sub 19 Colorado Springs USA 2005
Campiona do Mundo Junior 100 e 400 metros lisos T12 (Assen, Holanda 2006)
 
 
 
TRIATLÓN
 
Campionatos do Mundo:
 
·         1º Auckland 2012, 2º londres 2013, 3º Edmonton 2014 e Chicago 2015 Campionato Europa.
·         1º Kitzbuhel 2014, 3º Alanya 2013, 4º pontevedra 2011 y Ginebra 2015. World Paratriathlon Event (Copas do Mundo).
·         1º en Yokohama 2014, besanÇon 2014, Madrid 2015, Madrid 2013, Madrid 2012.
·         2º Lago D'iseo 2015, Madrid 2014.
·         3º Londres 2015
·         4º Río de Janeiro 2015
 
Campeonatos de España: 2015, 2012 e 2011 1º clasificada (só correu estas edicións)
 
DUATLÓN
 
·         1º Campionato do Mundo 2011 (Gijón) 2012 (Nancy, Francia), 2014 Pontevedra
·         1º Campionato de España 2010, 2011, 2013, 2014, 2015
 
ACUATLÓN
 
·         2º Cto Mundo 2013 Londres, Edmonton 2014, Chicago 2015
·         3º Cto mundo auckland 2012.
 
 
Para falarnos de todos os atrancos, vicisitudes, vivenzas, penas e glorias, convidamosvos a participar nunha Charla Coloquio na cafetería da Escola o vindeiro xoves 3 de decembro ás 20:00h.
 
Máis información acerca de Susana na seguinte ligazón: