Banco de libros de texto Escola Rosalía de Castro encontros na escola Rosalía

Tita é nomeada Presidenta de Honra da Fundación

O padroado ven de acordar por unanimidade na súa última xuntanza, nomear a Antía Cal Presidenta de Honra da Fundación.

Pasou xa moito tempo dende que en  1961, cos seus aforros dos anos “cubanos”  fundou a Escola, co apoio do seu home e dos seus pais, sendo en Galicia foco de irradiación progresista das novas tendencias pedagóxicas baixo a inspiración do colectivo catalán Rosa Sensat, que encabezaba Marta Mata.

O Rosalía seguíu modelos educativos innovadores, para o cal contou coas indicacións de profesores de Xenebra e París. Cando Antía comezou a traballar nel, seguía tendo contacto cunha amiga da UNESCO, lendo e estudando o que ela lle recomendaba. Foi o primeiro centro en ofrecer, dun xeito regulado e pedagóxico, a lingua inglesa. Dorothy Coombe era a responsable na materia de inglés. Temos que lembrar tamén a Mister Mann xa que foi un home moi importante á hora de achegar ideas para a escola de lingua inglesa.

Hoxe aos seus 91 anos, Tita segue sendo un referente para todos aqueles que como alumnos, pais, nais ou mestres pasamos polas aulas da Escola. O nomeamento trata de ser un recoñecemento a seu labor e unha mostra de agarimo de todos nos.

Agardamos que Tita poida acudir o día trinta de agosto a recibir este agasallo e a compartir con nos esta xornada de "encontros".