Axenda e actividades

Ludoteca infantil

Nos patios de Educación Infantil haberá monitores e monitoras, que dirixiran actividades para os nenos e nenas de 3 a 6 anos. Xogos, concursos e obradoiros, ademais dunha estrutura inchable, que os máis novos poderán disfrutar dende as 14.00 ás 20.00 horas.

Para garantir un bo servizo da ludoteca, e imprescindible anotar aos vosos fillos indicando a idade no seguinte formulario de inscrición.

 

Futbol indoor

O pavillón de deportes contará cunha pista  de Futbol Indoor con herba artificial e con monitores que se encargarán de organizar equipos de nenos e nenas de entre 6 e 14 anos por categorías (benxamín, alevÍn e infantil) que queiran xogar. O horario desta actividade será de 10.00 ás 17.00 horas.

Entre as 17.00 e as 20.00 horas, disputarase un torneo entre os equipos seniors de: Campeón da Rosaliga, Selección do resto de equipos da Rosaliga e Real Club Celta de Vigo.

Se os vosos fillos desexan xogar ao futbol indoor, teredes que cubrir a ficha de inscrición e facer constar a súa idade.

 

Actuacións de exalumnos, alumnos, pais...

No patio cuberto instalaremos un esceario e un equipo de son, e haberá algúns instrumentos musicais a dispor de todos aqueles que desexen tocalos. Poderedes participar como solistas ou en grupos. Tamén darase cabida a aqueles que desexades facer un monólogo, contar un chiste, facer maxia..... Do que se trata  e de pasalo ben.

Necesitamos algúns voluntarios que fagan de presentadores ou presentadoras. Se estás interesado apúntate na folla de inscrición. As actuacións iranse sucedendo ao longo do día de xeito espontáneo.

Como fin de festa é a partires das 20.00 horas, o grupo ¡¡¡ METTRO  pop&rock!!! amenizará a velada con música dos anos 70 e 80.

 

Xogos de mesa

Os interesados poderán participar, previa inscrición, en concursos de cartas, dominó, xadrez, damas, parchís, etc....
Solicitamos voluntarios para a organización destes xogos.

 

 

Exposicións

Todos os aficionados a pintura, a escultura, o modelismo, macramé....  que desexen expoñer os seus traballos, poderán facelo en salas que a Fundación terá preparadas.

Os participantes haberán de comunicárnolo con antelación e vir a montar os seus traballos o día anterior ao dia do acto.

Tamén poderedes por a venda as vosas obras, sempre que vos fagades responsables da súa xestión.

 

 

Rastriño solidario

A Fundación Escola Rosalía colaborará coa ONG "A las 5" de Vigo, mediante unha subasta solidaria.

Todas aqueles que queirades apoiar a causa facendo algún donativo ben en especies: conservas, lacteos, embutidos, zumos, café Cacaos...., (alimentos que non sexa necesario cociñar), ben algún artigo de valor para a subasta, deberedes contactar coa organización.

 

Mesa de Intercambios

No patio cuberto haberá un posto para o intercambio de libros, vinilos, cds, selos, moedas, cómics, cromos, etc.... Solicitamos voluntarios por turnos para o desenrolo desta actividade.

 

 

Espazo Fundación

Un lugar para a inscrición de novos socios na Fundación, buzón de suxerencias e venda de camisetas conmemorativas.

Gustaríanos confeccionar uns "murais para a lembraza" por promocións, con fotos, traballos, documentos.... Poderedes  achegár o material nun sobre no que se fará constar o nome e a promoción á Escola, ou ben enviala escaneada ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .  Todo o material cedido serávos devolto unha vez rematado o acto. Se non puideras asistir, anímate e fainos chegar igualmente a túa foto!.

A organización solicita voluntarios para a creación destes murais.

 

Xantar

O mellor xeito de confraternizar é sempre ao redor dunha mesa. A organización conta co servizo de catering Don Pepe que a prezos populares ofrecerá aos asistentes: bocadillos, hamburguesas, empanadas, “canciños quentes”, polbo a feira, viño, cervexas e refrescos. Tamén haberá postres, xeados e “chuches”. A partires das 20.00 horas os maiores de idade poderán disfrutar de combinados.