I Encontros na Escola Rosalía

No ano 2011, celebramos o 50º aniversario da Escola Rosalía de Castro. Ao longo destes anos de andaina, foron milleiros de nenos e nenas e ducias de mestres os que pasaron polas súas aulas e que, a pesares do tempo, seguen a formar parte da Escola e da súa lembranza.

Para algúns antigos alumnos, as xuntanzas polo Nadal non eran dabondo e coidaron que habían de ir máis alá, achegándose de novo e máis a miudo para facer outras actividades en conxunto. Foi así como un grupo de alumnos entusiastas do fútbol crearon, en colaboración coa Escola, a "Rosaliga".

Coa creación da Fundación Escola Rosalía no ano 2013, dáse cabida a esta inquedanza e, a través do Padroado, é representada por membros de antigos alumnos, profesores e familias.

Na curta vida desta Fundación foron numerosas as actividades de confraternidade propostas e esta, a mais grande, é coa que arrancamos unha "asociación" de futuros encontros. O vindeiro 30 de agosto, a partires das 10.00 e ata as 22.00 horas, nas instalacións da Escola, celebramos unha gran xuntanza a que estades todos invitados. Non vola perdades!.

A finalidade destes encontros é a de reunir o maior número de persoas que tiveron ou teñen algún tipo de relación coa Escola, ben como alumno, como pai/nai ou como mestre, co fin de que distintas xeracións teñan a oportunidade de relacionarse e de disfrutar realizando actividades en conxunto nas que participen tamén as súas familias.

Ver actividades programadas
Formulario de inscricion