Saída O Courel

 
No cursos 1998-1999 proponse a realización dunha saída pedagóxica cara o interior de Galicia, tendo en conta que a Escola e os seus alumnos son de costa. Prográmanse varios centros de interese: por unha banda a Ribeira Sacra, rio Sil, valorando os seus aspectos paisaxísticos e a súa xeomorfoloxía. En segundo lugar a Serra do Courel e en concreto a Devesa da Fogueria, valorando neste caso a botánica. En último lugar por orde de viaxe, visítase a paraxe leonesa das Médulas, facendo fincapé tanto no histórico como nos valores etnográficos.
 
Tres días moi intensos cheos de actividade. Durante sete cursos os alumnos de 6º de Primaria cumpriron co obxectivo de estar en clase fóra da Escola, mesmo servindo para que eles mesmos se convertiran en guias para as súas familias e amigos.
 
Paco