As Fontes

É o Rosalía unha escola onde a acción educativa se dirixe a toda a vida dos escolares, un lugar aberto ao medio e failitador do equilibrio psíquico onde se favorece a coeducación. Promóvese a metodoloxía inductiva e a aprendizaxe mediante a vía das experiencias vividas, á busca da información nas orixes.

Unha educación fundamentada sobre as actividades dos nenos, co coidado do respecto aos seus momentos e ritmos evolutivos e que favorece tanto o desenvolvemento da individualización como da socialización. Aquí trabállase prestando atención á preparación para a vida e abríndose ao exterior, promocionando o exercicio da liberdade e da autonomía, do espíritu de iniciativa.

Unha escola que transmite o respecto por un mesmo e o respecto polos demais, unha escola de todos e para todos. No Rosalía acredítase no potencial pedagóxico da expresión libre, da creatividade persoal e no concepto do traballo cooperativo, daquela fuximos dos modelos estereotipados.