Quen somos?

Unha fundación, de interese galego, constituída sen ánimo de lucro para promover o interese xeral por medio da EDUCACIÓN EN VALORES, fomentando os valores democráticos do respecto, a cooperación, a solidariedade, a tolerancia, a igualdade e os demais valores cívicos, establecidos nas bases pedagóxicas da Escola Rosalía de Castro dende os seus alicerces pola súa fundadora, Antía Cal Vázquez.

Pretendemos tamén servir de referente para todas aquelas persoas que teñen ou tiveron algunha relación cos valores da Escola Rosalía de Castro. En particular: alumnado, persoal, familias, persoas e entidades colaboradoras e calquera outra persoa interesada nos valores indicados no parágrafo anterior, fomentando o espírito de confraternidade, relacións, axuda, colaboración entre todos eles e contribuíndo a espallar a toda a sociedade os valores da Escola Rosalía de Castro.