Banco de libros de texto Escola Rosalía de Castro encontros na escola Rosalía

O inglés na Escola

 
 

O ensino - aprendizaxe do Inglés no Rosalía

 
 
 
 

Un dos símbolos identitarios e unha das causas, amén doutras máis, polas que moitas familias dende hai xa décadas confían aos seus nenos e nenas á nosa Escola, é o éxito rotundo da aprendizaxe do inglés. Xa nos inicios, cando poucos ou ningún apostaban por este idioma, foi este un engado que xa albiscaba de forma premonitoria a necesidade e utilidade do seu manexo alén das nosas fronteiras nun futuro próximo.

Hoxe, cincuenta anos despois, segue este sendo un piar fundamental. Os nosos alumnos poden sentir cómo o seu nivel de coñecemento e destreza á hora de desenvolverse con esta lingua, case sempre está moi por encima dos nenos e rapaces doutros centros. A pregunta que se fan, que nos formulan en non poucas ocasións é : cómo facedes?. O sistema é, ao tempo, moi sinxelo e moi complexo. O segredo está no uso cotián do idioma;  o darlle un uso exactamente igual que se lle dá a calquera outro dos que os nenos e os profesores empreguen en todas as circunstancias.

Por suposto o enorme número de horas que se lle adican, a magnífica calidade dun profesorado nativo ou completamente bilingüe, a soporte tecnolóxico presente, a metodoloxía didáctica ... son elementos imprescindibles á hora de conseguir resultados.

Pero a clave do éxito estriba no presenza habitual en todos os espazos e contextos da Escola. No Rosalía non se aprende inglés só na clase de Inglés, nin moito menos. A metade da xornada de Educación Infantil desenvólvese neste idioma, as clases de Science ou as aulas de Educación Física dos primeiros ciclos de educación Primaria tamén se imparten con inglés como idioma vehicular, reunimos calidade e cantidade.

Se dás un simple paseo polos corredores, entras no ximnasio, visitas o patio nun recreo, asistes á saídas dos alumnos de Infantil, un neno cae e pide axuda ... e está presente un profesor ou profesora de Inglés escoitarás ese idioma. Para dar avisos, instruccións, consellos, abrazos, consolos ou unha rifa, sexa no patio, no bar, nun pasillo ou nunha  aula; os nosos docentes de inglés fano sempre en inglés.

Aí está a fórmula. Facer normal, facer natural o que en case todos os demais colexios fan litúrxico e restrinxen a un espazo moi delimitado. O inxente número de horas nas que teñen sido inmersos cando rematan a súa vida escolar, xunto con esta práctica diaria posibilita neles un profundo coñecemento, unhas habilidades extraordinarias e sobre todo ver con total naturalidade  o emprego dun idioma que vén como cercano dende o primeiro día de clase.

 
 
"English in Rosalía de Castro"
Francine C. White

The importance of english language
Graeme W. R.  Salter
Memories of my School
Sofía Lens
Revista Trisquel