Banco de libros de texto Escola Rosalía de Castro encontros na escola Rosalía

Biografía

Naceu en La Habana o 18 de Abril de 1923. Con sete anos entrou na Escola Concepción Arenal do centro galego de La Habana onde aprendeu as primeiras letras e onde comenzou, tamén, os estudos de piano, aínda que a súa nai xa lle ensinara a ler, escribir e algo de contas. O primeiro día de clase faláronlle de Concepción Arenal e tanto a impresionou que comezou a coleccionar os seus libros.

Ao volver de La Habana, viñeron no Cristóbal Colón, un trasantlántico que levou á nai, a Antía e máis a Armando, mentres que o pai ficou na illa para mantener o negocio (a casa de empeños El Volcán). Ao chegar á Coruña, son recollidos polo irmán máis vello, Pepe, e polo avó, para levalos a Muras. A paisaxe galega impresionounos, mais sentían a ausencia do pai. Na Coruña estudou no colexio Dequidt, desde os 9 anos ata os 17, un colexio liberal e mixto e nada dirixista, así como aberto, onde rematou o bacharelato e de onde saíu moi ben preparada para  universidade. Tiñan as clases na escola e, cando remataba o curso, ían examinarse ao Instituto oficial.

Estudou para tenedora de libros, o que equivalía a unha carreira de comercio. Ao principio non lle gustou a idea, pero a nai díxolle que non se preocupara, que xa habría tempo para que pudiesen pagar uns estudos máis adiante. Matriculouse entón por libre na Escola de Comercio da Coruña, pois en Santiago non a había, e púxose a estudar mecanografía, taquigrafía, etc. Unha amiga súa, María de los Ángeles Alonso, animouna a que se fixese mestra e así foi. O que máis lle custou foron os cursos de cociña.En outono de 1941 ingresou na universidade en Filosofía e Letras, na Sección de Xeografía e Historia e licenciouse en 1945. Foi profesora de clases particulares de latín e mataba o tempo que quedaba en bordar paxes, que lle preparaba a súa nai, ademais de impartir, naquela época clases de Paleografía na facultade, durante tres meses.

O 7 de Marzo de 1944 coñeceu a Antón Beiras, médico-oculista, na libraría González da rúa do Vilar, en Santiago. Comezan de mozos o 19 de Abril e casan en Muras o 29 de Xuño de 1947. Terán catro fillos: Hixinio (nacido o 3 de Febreiro de 1949), Antía, Antón e Bea; todos eles estudaron en Stanway e despois cursaron o ensino medio nos Institutos Oficiais.

Antía ensinoulles as primeiras letras aos seus fillos, escribiu un libro para rapaces, atendendo a unha convocatoria que promovía o Lar Galego de Caracas e gañou o concurso. Era unha especie de enciclopedia básica na que intentaba explicar o mundo e, ao mesmo tempo, explicar Galicia. Estando o matrimonio en Vigo, Antía coñeceu aos homes da Editorial Galaxia. Antón, aínda dedicándolle moito tempo á súa clínica de oftalmoloxía, colaboraba con esa editorial.

En Xenebra, no ano 1955, decatouse de que o concello adquirira un legado de Pestalozzi e que o estaban a catalogar no Museo Pedagóxico da cidade; foi ata alí e, ao falar cun home que estaba alí, deuse conta do que a educación infantil significaba para ela, sendo unha das súas preocupacións de sempre. Ese mesmo home recomendoulle que ao pasar por París falase cunha alumna súa que traballaba na UNESCO, quen lle dixo que o mellor modelo educativo do momento era o inglés. Deste xeito mandaron a Hixinio, o fillo de 6 anos, alá.

En 1960 os catro fillos de Antía xa eran grandes chégalle a hora de pensar en realizarse no maxisterio, idea acentuada por Antón. En 1961, cos seus aforros dos anos “cubanos” foi fundadora da Escola Rosalía de Castro, en Vigo, co apoio do seu home e dos seus pais; sendo, en Galicia, foco de irradiación progresista das novas tendencias pedagóxicas baixo a inspiración do colectivo catalán Rosa Sensat, que encabezaba Marta Mata. Este centro tivo moito éxito entre os fillos e as fillas da burguesía viguesa. Seguía os modelos ingleses e as indicacións daqueles profesores de Xenebra e París. Cando Antía comezou a traballar nel, seguía tendo contacto coa súa amiga da UNESCO, lendo e estudando o que ela lle recomendaba. Foi o primeiro centro en ofrecer, dun xeito regulado e pedagóxico, a lingua inglesa. Dorothy Coombe era a doutora na materia de inglés. Mister Mann será un home mou importante á hora de achegar ideas para a escola de lingua inglesa en Vigo. As aulas eran distinguidas co nome de persoeiros importantes e non cun número, por exemplo, “Castelao”, “María Montessori”, “Bertrand Russell”, etc.

Miss D.E. Lester, directora da Queen Elizabeth’s School de Lisboa, deulle moitas ideas para o deseño das instalacións. Todo correu á súa conta e á dos seus, sen recibir ningún tipo de axuda oficial, tan só o apoio das familias que lle confiaban aos seus fillos e fillas. Os primeiros pasos do centro daraos cos profesores María del Carmen Rodríguez, Vicky Suárez, un profesor de inglés, que fuxiu, e 38 alumnos e alumnas. Quedou inaugurado no ano 1961. Seis anos máis tarde recebiría unha carta da Asociación de mestres de Barcelona Rosa Sensat, na que se invitaba aos mestres galegos a reunirse e traballar por unha escola mellor. Será en Xullo cando Antía, xunto coas súas cuñadas, irá á Escola d’Estiu de Rosa Sensat, que se facía nas Xesuitas de Sarriá.

No desenvolvemento do seu labor recibiu apoios de diferentes personalidades coñecidas como Celso Emilio Ferreiro e a súa dona Moraima, de Marta Mata, Ramón María Aller, Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, Valentín Paz Andrade, Lina Carvajal, Dorothy Coombe e Mister Mann.

En 1967 diagnostícanlle un cancro de estómago a Antón que morrerá o 1 de Abril de 1968, aos 52 anos de idade. Despois do falecemento, os pais de Antía van a vivir con ela e cos seus fillos. En 1984 regresará a Cuba na compaña dos seus fillos. Xubilouse en 1988 tras trinta anos dedicada ao encino. Vive en Punta Moa-Domaio (Pontevedra).

En 1994 o colectivo Diálogos Noventa outorgoulle a distinción de Galega Destacada dese ano. Con motivo da celebración do Natalicio do Pai Sarmiento, no ano 2000, a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela rendeu homenaxe a varias mestras e mestres entre as que se atopaba Antía Cal.

No ano 2006 a editorial Galaxia publicou Este camiño que fixemos xuntos, libro que recolle a memoria viva de Antía. Inicialmente era unha obra escrita par as súas netas, e mais despois acaba publicando. Antía considera como as memorias duna pedagoga. No libro describe dous desafíos propostos por Antón: o primeiro, foi o do galeguismo, admitindo a utilización do galego como unha práctica normal, ainda que lle custou esta nova situación e, o segundo, o do esquerdismo.

FUENTE: Mulleres na educación en Galicia
Mª José Méndez Lois
Coordinadora
Xunta de Galicia.