Xornada de formación do profesorado

Matemáticas creativas para Educación Infantil e Primaria

 

Nesta xornada convidámosvos a adentrarvos no plano da creatividade para a súa aplicación didáctica ó ensino e a aprendizaxe das matemáticas para as etapas de infantil e primaria. Nesta xornada non só veremos OAOA (outros algoritmos para as operacións aritméticas), senón que teremos a oportunidade de facer un percorrido máis amplo por unha variedade de ideas, métodos e propostas para que poidades traballar as matemáticas na aula con grandes doses de motivación para o alumnado e por suposto, para seguir mellorando a calidade da docencia.

Contamos cun excelente panel de ponentes e como en anos anteriores, esta xornada está a ser tramitada coa DX de Innovación Educativa para o seu recoñecemento como formación permanente do profesorado.

 

Información práctica:

  • Xornada de formación do profesorado: Matemáticas creativas pra Ed. Infantil e Primaria
  • Descarga aquí o PROGRAMA da Xornada
  • Sábado 7 de Marzo de 2020
  • Horario de 9:00h a 14:00h e de 15:45h a 19:15h
  • Lugar de celebración: Salón de Actos da UNED, no 4º andar do Palacio de Congresos Auditorio Mar de Vigo (Avda. Beiramar, 59), en Vigo

Inscrición e matrícula:

As prazas son limitadas. Solicita a túa inscrición e formaliza a matrícula segundo as instruccións do formulario de inscrición.