Xornada de clausura

APRAZADA A CERIMONIA DE CLAUSURA IMATXINA XVI EDICIÓN

Como medida preventiva debido á situación de continxencia xenerada pola expansión do coronavirus e dacordo coa Concellería de Educación do Concello de Vigo, a organización de IMATXINA decidiu aprazar o evento de clausura de IMATXINA XVI Edición que tiñamos previsto para o venres 13 de marzo de 2020 no VERBUM de Vigo.

Pendentes da evolución dos acontecementos e en cumprimento dos prazos e protocolos que establezan as autoridades competentes, fixaremos unha nova data para este evento cando sexa posible.

Temos preparado un espectáculo matemático sorprendente para familias e docentes, así como a entrega de diplomas e premios aos finalistas e gañadores do Concurso Intercentros LIGAMATS. 

No transcurso deste acto, na data en que poidamos celebrar o encontro, desvelaremos tamén o fallo do xurado do #retoIMATXINA2020, coñeceremos a poliescultura gañadora e os autores recibirán o seu merecido recoñecemento.

Grazas a todos pola vosa colaboración.