RetoIMATXINA2020

Quen dixo que matemáticas e creatividade non se levan ben? Pero se é ao revés! Todo matemático é, en realidade, un artista enpotencia😊 Por iso este ano queremos presentarvos o #RetoIMATXINA2020: deixade voar a vosa imaxinación e animádevos a crear unha poliescultura, a máis amorfa e bonita que poidades imaxinar.

                                             

COMO?

Imos traballar xeometría e volume.

Facilitámosvos para iso un PDF con desenvolvemento plano de 8 poliedros. Teredes que xuntar 4 poliedros de cada tipo para formar con eles un novo poliedro. As únicas condicións son:

  • Empregar 4, e só 4 poliedros, de cada tipo (32 en total).
  • Empregar todos os tipos de poliedro que vos facilitamos.
  • Unha vez construída a poliescultura, todos os poliedros empregados terán que ter unha cara en común con outro poliedro co que compartan unha cara idéntica.


BASES DE PARTICIPACIÓN

  • Os traballos deben ser transportables para poder expoñelos na sede de IMATXINA en Vigo
  • Respectaranse as medidas orixinais dos poliedros (5 ou 10 cm de aresta)
  • A decoración dos poliedros será libre
  • O traballo deberá realizarse de forma cooperativa
  • Poderanse entregar ata dous traballos por centro escolar
  • Xunto co traballo rematado, presentaredes un cartel que deberá incluír o nome da vosa escola, o nome da poliescultura, a área e a superficie, así como o número de alumnos/as involucrados/as na súa construción.


PRAZOS

  • Tedes ata o día 10 de febreiro 2020 para comunicarnos a participación do voso centro escolar no #RetoIMATXINA2020 a través de email: imatxina@fundacionescolarosalia.es
  • Deberedes entregar as vosas poliesculturas os días 20 ou 21 de febreiro de 2020 no Auditorio Mar de Vigo (Avda. Beiramar, 59 – 5º andar) en horario de 9.00 h. a 19.00 h.

 

FALLO DOS PREMIOS

  • Gañarán este reto dúas poliesculturas: a de maior e a de menor volume. No caso de empate, un xurado valorará os aspectos creativos das figuras, a calidade artística das creacións e a orixinalidade do nome da poliescultura.
  • A organización revelará os nomes dos gañadores no transcurso da gala de clausura de Imatxina XVI Edición que terá lugar en Vigo o día 13 de marzo de 2020.