Obradoiro de alumnos

Os obradoiros didácticos de IMATXINA van dirixidos preferentemente aos alumnos do terceiro ciclo de Educación Primaria e o primeiro ciclo da ESO.

Traballaremos con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), espellos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas, estatística e ilusións ópticas:

  • Cada obradoiro estará dirixido por un monitor que se encargará de orientar e controlar as diversas actividades.
  • Os profesores acompañantes terán que estar presentes durante a visita e manterán a orde dos seus alumnos. Así mesmo seguirán as instruccións dos monitores e dos membros da organización.
  • Os alumnos poderán manipular os distintos materiais, e irán rotando por todos os obradoiros.

As visitas a estes obradoiros realizaranse previa inscrición dos centros escolares solicitantes. Haberá dúas sesións diarias distribuidas do seguinte modo: de 09:30h a 11:30h e de 11:40h a 13:40h; os días 27 e 28 de febreiro, 2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 12, e 13 de marzo de 2020.

Inscricións:

  1. Número máximo de alumnos por sesión será de 95. Aceptarase, en principio, a inscrición de 50 alumnos (máximo) por Centro. No caso de quedar algún oco libre, permitirase unha 2ª inscrición (comunicarase aos Centros interesados).
  2. Prazo de inscrición: do 9 de xaneiro ao 10 de febreiro do 2020 .
  3. Asignación de sesións e comunicación aos centros: realizarase por rigorosa orde de inscrición, e entre o 12 e 14 de febreiro comunicarase aos centros a data e hora da súa visita. Agradecémosvos que nos facilitedes un enderezo de correo electrónico.
  4. Inscrición online: a única vía válida de inscrición será mediante envío de formulario online.

O transporte ata o Pazo de Congresos, Auditorio Mar de Vigo (Avda. Beiramar, 59 – Vigo) correrá a cargo de cada un dos centros participantes. Os visitantes han de estar 10 minutos antes da hora do comezo da visita.

Nesta XVI edición de IMATXINA, como parte das nosas accións en materia de responsabilidade social e medioambiental, a Fundación Escola Rosalía colabora coa División Educativa de CASIO na difusión do seu programa Escuelas libres de mercurio. Xuntos, podemos facer moito polo noso planeta. ¡Infórmate!