Ligamats

A Ligamats é unha liga entre equipos de Centros que terán que resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición (Pentaminós, Tangrams…).

Establécense tres categorías de participación:

  • Categoría A: Alumnos do 5° e 6º de Ed. Primaria.
  • Categoría B: Alumnos de 1° e 2º da ESO.
  • Categoría C: Alumnos do 3º e 4º da ESO.

Cada equipo estará integrado por catro alumnos, e un deles actuará como portavoz. As probas da primeira fase realizaranse en horario de 16:00h a 19:00h e haberá dous turnos (16:00h a 17:30h e de 17:30 a 19:00h):

  • Categoría A: Martes, 3 de marzo de 2020 de 16:00 a 19:00.
  • Categoría B: Mércores, 4 de marzo de 2020 de 16:00 a 19:00.
  • Categoría C: Xoves, 5 de marzo de 2020 de 16:00 a 19:00.

Clasificaranse para a Fase Final os catro equipos con maior puntuación en cada categoría.

O transporte ata o Pazo de Congresos, Auditorio Mar de Vigo (Avda Beiramar, 59 – Vigo) correrá a cargo de cada un dos centros participantes. Os participantes han estar 10 minutos antes da hora do comezo da proba.

A inscrición terá como data límite o día 10 de febreiro de 2020. Cada Centro poderá inscribir un equipo por categoría. Así mesmo poderá presentar un segundo equipo quedando supeditada a súa participación o número total de inscritos. A confirmación de equipos admitidos e o horario será comunicado aos centros antes do 20 de febreiro de 2020.

O xurado estará formado por membros da organización, nos cales recaerá a responsabilidade de elaborar as probas. As súas decisións serán inapelables.

Obterán diploma de participación todos os membros dos equipos, e terán premio todos os integrantes dos equipos que pasen á Fase Final. Así mesmo tamén terán premio os Centros clasificados en primeiro e segundo lugar de cada categoría na Fase Final.

APRAZADAS AS PROBAS DA FASE FINAL DE LIGAMATS XVI 

Como medida preventiva debido á situación de continxencia xenerada pola expansión do coronavirus e dacordo coas indicacións establecidas polas autoridades competentes, as probas da Fase Final de LIGAMATS quedan aprazadas para as tres categorías e ata novo aviso.

Os centros escolares clasificados para esta Fase Final de LIGAMATS e polo tanto afectados polo aprazamento das probas son os seguintes:

Categoría A: CEIP Chans Bembrive , CEIP Humberto Juanes, CEIP Josefa Alonso, Sagrado Corazón de Placeres
Categoría B: Colexio Apóstol Santiago, IES Alexandre Bóveda, IES Álvaro Cunquiero, IES O Castro
Categoría C: CPI Cova Terreña, Escola Rosalía de Castro, IES Alexandre Bóveda, IES Aquis Celenis

Unha vez poidamos celebrar a Fase Final, a entrega de diplomas e premios a finalistas e gañadores realizarase no acto de clausura de IMATXINA XVI Edición, nunha data que será comunicada coa suficiente antelación a todos os equipos finalistas (fixaremos a data en función da evolución dos acontecementos e das medidas que sexan adoptadas polas autoridades competentes para a xestión da crise do coronavirus).

Grazas a todos e moita sorte na competición!