Concurso de Anaformismos

É posible facer o voso propio anamorfismo.

Que é un Anamorfismo?

Un anamorfismo ou anamorfose é unha deformación reversible dunha imaxe producido mediante un procedemento óptico ou matemático. É un efecto que forza ao observador a mirar dende un punto de vista preestablecido dende onde a imaxe volve verse proporcionada.

Como podo facer o meu?

Neste vídeo explicámosvos como facer o voso propio anamorfismo:

    Anaformismo: Este é o anamorfismo que se explica no vídeo

Resultado: Este é o resultado que se ve

(Para ver mellor o efecto recomendámosvos imprimir o anaformismo e mirar o obxecto a través dunha cámara). Máis exemplos:

Que se pretende?

Con esta actividade preténdese que os alumnos traballen a creatividade e a expresión artística e que vexan a relación desta coas matemáticas. Ao realizar esta actividade os profesores poden introducir ou afondar en conceptos como: a perspectiva, proxeccións e moitos conceptos da trigonometría, que cada profesor pode adaptar ao nivel dos alumnos da súa clase, dende os últimos cursos da primaria ata o bacharelato.

O concurso de anamorfismos celebrouse durante a XIII Edición de IMATXINA, en marzo de 2017, con centros educativos da provincias de A Coruña e Pontevedra, en tres categorías de participación:

    • Categoría A: alumnos do 5º e 6º de Ed. Primaria.
    • Categoría B: alumnos do 1º ciclo da ESO.
    • Categoría C: alumnos do 2º ciclo da ESO.