Xornadas OAOA de Galicia

Que é a metodoloxía OAOA?

OAOA: Outros Algoritmos para as Operacións Aritméticas

Aínda que o termo OAOA fai referencia aos algoritmos, as siglas OAOA supoñen un movemento radical sobre o ensino e a aprendizaxe das matemáticas que pretende facer desta materia unha ferramenta para a igualdade social, e non un instrumento de selección intelectual. Este movemento mundial pretende acabar coa idea: “as matemáticas non se me dan”. Todo o mundo está capacitado e apto para elas, só debe cambiar a maneira de abordalas.

O movemento OAOA, non só pretende renovar os algoritmos tradicionais das operacións aritméticas, engloba todos os aspectos que teñen que ver con esta disciplina; numeración, cálculo, medida, xeometría, estatística, azar e probabilidade, resolución de problemas,…

Este movemento de renovación, non é novo, sempre existiu, temos datos claros dende os anos 1940, 50, 60,… Pero, agora unímonos a esta onda milleiros de mestres, profesores/as en España e América Latina, para dar un gran impulso ao cambio que necesita a Educación Matemática.

A principal ferramenta que utilizamos para dar a coñecer as nosas ideas é o VÍDEO-ARTIGO, é dicir, transmitir as ideas mediante vídeos, onde podemos ver situacións reais de ensino e aprendizaxe.

 

 III Xornadas OAOA de Galicia:

  • Sábado 16 de Marzo de 2019 de 9:30h a 14:00h e de 15:30h a 19:00h no Pazo de Congresos, Auditorio Mar de Vigo (Avda. Beiramar, 59 – Vigo)
    • III Xornadas OAOA de Galicia (Programa)

 

Inscrición

  1. Data límite: venres 8 de marzo de 2019
  2. Boletín de inscrición: