Ligamats

A Ligamats é unha liga entre equipos de Centros que terán que resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición (Pentaminós, Tangrams…).

Establécense tres categorías de participación:

  • Categoría A: Alumnos do 5° e 6º de Ed. Primaria.
  • Categoría B: Alumnos de 1° e 2º da ESO.
  • Categoría C: Alumnos do 3º e 4º da ESO.

Cada equipo estará integrado por catro alumnos, e un deles actuará como portavoz. As probas da primeira fase realizaranse en horario de 16:00h a 19:00h e haberá dous turnos (16:00h a 17:30h e de 17:30 a 19:00h):

  • Categoría A: Luns, 11 de marzo de 16:00 a 19:00.
  • Categoría B: Martes, 12 de marzo de 16:00 a 19:00.
  • Categoría C: Mércores, 13 de marzo de 16:00 a 19:00.

Clasificaranse para a Fase Final os catro equipos con maior puntuación en cada categoría. A fase final será o mércores, día 20 de marzo, de 16:00 a 19:00 horas para as tres categorías.

O transporte ata o Pazo de Congresos, Auditorio Mar de Vigo (Avda Beiramar, 59 – Vigo). Entrada Naturnova) correrá a cargo de cada un dos centros participantes. Os participantes han estar 10 minutos antes da hora do comezo da proba.

O xurado estará formado por membros da organización, nos cales recaerá a responsabilidade de elaborar as probas. As súas decisións serán inapelables.

Obterán diploma de participación todos os membros dos equipos, e terán premio todos os integrantes dos equipos que pasen á Fase Final. Así mesmo tamén terán premio os Centros clasificados en primeiro e segundo lugar de cada categoría na Fase Final. A entrega realizarase no acto de clausura do día 22 de marzo a partires das 19:30 horas.

A inscrición terá como data límite o día 15 de febreiro 2019. Cada Centro poderá inscribir un equipo por categoría. Así mesmo poderá presentar un segundo equipo quedando supeditada a súa participación o número total de inscritos. A confirmación de equipos admitidos e o horario será comunicado aos centros entre o 21 e o 22 de febreiro.