Xornada de clausura

O Acto de Clausura e entrega de premios aos gañadores do Concurso Inter-Centros: LIGAMATS celebrarase o venres 11 de Marzo a partires das 19:30 horas, na sede da Fundación Barrié en Vigo, rúa Policarpo Sanz 31.

A continuación, actuación: “Maxia e matemática” do profesor Sergio Belmonte Palmero

Ao finalizar farase a entrega dos premios da XII edición da LigaMats.

 

 


file000541128033 “MAXIA E MATEMÁTICA”

A quen non lle gusta a maxia? Quen non se preguntou algunha vez …. e iso como se fai?. De feito, esta é a mesma pregunta que se fan os matemáticos ante un problema. Veremos a conexión entre estas dúas disciplinas aparentemente tan distantes e veremos como se pode aplicar á matemática para crear verdadeiros efectos máxicos. A maxia convértese así nunha aplicación lúdica das matemáticas e noutra forma creativa de gozar con elas.