Proxectos colaborativos

Listado de proxectos

¿Por que un traballo cooperativo entre alumnos e entre centros?

A Aprendizaxe Cooperativa é probablemente o paradigma educativo mellor documentado e sobre o que máis se investigou. Entre as súas vantaxes destacamos:

  1. Promove a implicación activa do estudante no proceso de aprendizaxe.
  2. Capitaliza a capacidade que teñen os grupos para incrementar o nivel de aprendizaxe mediante a interacción entre compañeiros.
  3. Reduce os niveis de abandono dos estudos.
  4. Permite conseguir os obxectivos do ensino liberal e da educación xeral.
  5. Promove a aprendizaxe independente e autodirixida.
  6. Facilita o desenvolvemento da capacidade de comunicación oral.
  7. Permite acomodar os diferentes estilos de aprendizaxe dos estudantes de hoxe en día.
  8. Permite desenvolver a capacidade de liderado.
  9. Etc.

A iso contribúe non só a interacción entre os alumnos dun propio centro senón entre alumnos e profesores de distintos colexios: Públicos, privados e concertados. Así se facilita a integración social, que pode satisfacer a forte necesidade de afiliación que teñen moitos estudantes e mellóranse os niveis de satisfacción coas actividades de clase (a satisfacción é necesaria para a persistencia) e a interdependencia positiva incrementa o compromiso dos estudantes cos seus compañeiros.

En definitiva desde a organización de Imatxina entendemos que este tipo de proxectos facilita un maior rendemento académico nas áreas de matemáticas, ciencia e tecnoloxía.