Obradoiro de alumnos

Os Obradoiros van dirixidos preferentemente aos alumnos do terceiro ciclo de E.P e o primeiro ciclo da ESO.

Traballaremos en obradoiros con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), espellos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas, estatística e ilusións ópticas.

Cada obradoiro estará dirixido por un monitor que se encargará de orientar e controlar as diversas actividades.
Os profesores acompañantes terán que estar presentes durante a visita e manterán a orde dos seus alumnos. Así mesmo seguirán as instruccións dos monitores e dos membros da organización.

Os alumnos poderán manipular os distintos materiais, e irán rotando por todos os obradoiros.

As visitas a estes obradoiros realizaranse previa inscrición dos Centros escolares solicitantes. Haberá 2 sesións diarias distribuidas do seguiente modo: de 09:30h a 11:30h e de 11:40h a 13:40h; os días 23, 24, 25, 26 de febreiro e 1, 2, 3, 4, 8, 9, 10 e 11 de marzo.

Inscrición:

  1. Número máximo de alumnos:por sesión será de 95. Aceptarase, en principio, a inscrición de 50 alumnos (máximo) por Centro. No caso de quedar algún oco libre, permitirase unha 2ª inscrición (comunicarase aos Centros interesados).
  2. Data límite de inscrición: Ata o 2 de febreiro do 2016 .
  3. Asignación de sesións e comunicación aos centros: realizarase por rigorosa orde de inscrición, e entre o 11 e o 12 de febreiro comunicarase aos centros a data e hora da súa visita. Agradecémosvos que nos facilitedes unha dirección de correo electrónico.
  4. Boletín de inscrición:

O transporte ata a sede da Fundación Barrié correrá a cargo de cada un dos centros participantes. Os visitantes han de estar 10 minutos antes da hora do comezo da visita.