Ligamats

A Ligamats é unha liga entre equipos de Centros que terán que resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición (Pentaminós, Tangrams…).

Establécense tres categorías de participación:

  • Categoría A: Alumnos do 5° e 6º de Ed. Primaria.
  • Categoría B: Alumnos de 1° e 2º da ESO.
  • Categoría C: Alumnos do 3º e 4º da ESO.

Cada equipo estará integrado por catro alumnos, e un deles actuará como portavoz. As probas da primeira fase realizaranse:

  • Categoría A: Martes, 23 de febreiro de 16:00 a 19:00.
  • Categoría B: Mércores, 24 de febreiro de 16:00 a 19:00.
  • Categoría C: Xoves, 25 de febreiro de 16:00 a 19:00.

Clasificaranse para a Fase Final os catro equipos con maior puntuación en cada categoría. A fase final será o martes, día 1 de marzo, de 16:00 a 19:00 horas para as tres categorías. A Fase Final Galega (Vigo – A Coruña) celebrarase o venres 4 de marzo de 17:00 a 20:00h.

O transporte ata a sede Fundación Barrié correrá a cargo de cada un dos centros participantes. Os participantes han estar 10 minutos antes da hora do comezo da proba.

O xurado estará formado por membros da organización, nos cales recaerá a responsabilidade de elaborar as probas. As súas decisións serán inapelables.

Obterán diploma de participación todos os membros dos equipos, e terán premio todos os integrantes dos equipos que pasen á Fase Final Galega. Así mesmo tamén terán premio os Centros clasificados en primeiro e segundo lugar de cada categoría na Fase Final Galega. A entrega realizarase no acto de clausura do día 11 de Marzo a partires das 19:30 horas.

A inscrición terá como data límite o día 2 de febreiro 2016 Cada Centro poderá inscribir un equipo por categoría. Así mesmo poderá presentar un segundo equipo quedando supeditada a súa participación o número total de inscritos. A confirmación de equipos admitidos e o horario será comunicado aos centros entre o 11 e o 12 de febreiro.

A Ligamats é unha liga entre equipos de Centros que terán que resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición (Pentaminós, Tangrams…).

Establécense tres categorías de participación:

  • Categoría A: Alumnos do 5° e 6º de Ed. Primaria.
  • Categoría B: Alumnos de 1° e 2º da ESO.
  • Categoría C: Alumnos do 3° e 4º da ESO.

Cada equipo estará integrado por catro alumnos, e un deles actuará como portavoz. As probas da primeira fase realizaranse:

  • Categoría A: Luns, 15 de febreiro de 16:00 a 19:00.
  • Categoría B: Martes, 16 de febreiro de 16:00 a 19:00.
  • Categoría C: Mércores, 17 de febreiro de 16:00 a 19:00.

Clasificaranse para a Fase Final os catro equipos con maior puntuación en cada categoría. A fase final será o venres, día19 de febreiro, de 16:00 a 19:00 horas para as tres categorías.

A Fase Final Galega (Vigo – A Coruña) celebrarase o venres 4 de marzo en Vigo, de 17:00 a 20:00.

O transporte ata a sede Fundación Barrié correrá a cargo de cada un dos centros participantes. Os visitantes han estar 10 minutos antes da hora do comezo da proba.

O xurado estará formado por membros da organización, nos cales recaerá a responsabilidade de elaborar as probas. As súas decisións serán inapelables.

Obterán diploma de participación todos os membros dos equipos, e terán premio todos os integrantes dos equipos que pasen á Fase Final Galega. Así mesmo tamén terán premio os Centros clasificados en primeiro e segundo lugar de cada categoría na Fase Final Galega. A entrega realizarase no acto de clausura do día 11 de Marzo a partires das 19:30 horas.

A inscrición terá como data límite o día 29 de xaneiro do 2015. Cada Centro poderá inscribir un equipo por categoría. Así mesmo poderá presentar un segundo equipo quedando supeditada a súa participación o número total de inscritos. A confirmación de equipos admitidos e o horario será comunicado aos centros entre o 1 e o 3 de febreiro.