Ligamats

A Ligamats é unha liga entre equipos de Centros que terán que resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición (Pentaminós, Tangrams…).

Establécense tres categorías de participación:

  • Categoría A: Alumnos do 5° e 6º de Ed. Primaria.
  • Categoría B: Alumnos de 1° e 2º da ESO.
  • Categoría C: Alumnos do 3º e 4º da ESO.

Cada equipo estará integrado por catro alumnos, e un deles actuará como portavoz. As probas da primeira fase realizaranse:

  • Categoría A: Xoves, 5 de abril de 16:00 a 19:00.
  • Categoría B: Venres, 6 de abril de 16:00 a 19:00.
  • Categoría C: Luns, 9 de abril de 16:00 a 19:00.

Clasificaranse para a Fase Final os catro equipos con maior puntuación en cada categoría. A fase final será o mércores, día 11 de abril, de 16:00 a 19:00 horas para as tres categorías. A Fase Final Galega (Vigo – A Coruña) celebrarase o venres 13 de abril de 17:00 a 20:00h.

O transporte ata a sede AFundación Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 18-20. Entrada Naturnova) correrá a cargo de cada un dos centros participantes. Os participantes han estar 10 minutos antes da hora do comezo da proba.

O xurado estará formado por membros da organización, nos cales recaerá a responsabilidade de elaborar as probas. As súas decisións serán inapelables.

Obterán diploma de participación todos os membros dos equipos, e terán premio todos os integrantes dos equipos que pasen á Fase Final Galega. Así mesmo tamén terán premio os Centros clasificados en primeiro e segundo lugar de cada categoría na Fase Final Galega. A entrega realizarase no acto de clausura do día 20 de Abril a partires das 19:30 horas.

A inscrición terá como data límite o día 14 de marzo 2018. Cada Centro poderá inscribir un equipo por categoría. Así mesmo poderá presentar un segundo equipo quedando supeditada a súa participación o número total de inscritos. A confirmación de equipos admitidos e o horario será comunicado aos centros entre o 19 e o 20 de marzo.

A Ligamats é unha liga entre equipos de Centros que terán que resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición (Pentaminós, Tangrams…).

Establécense tres categorías de participación:

  • Categoría A: Alumnos do 5° e 6º de Ed. Primaria.
  • Categoría B: Alumnos de 1° e 2º da ESO.
  • Categoría C: Alumnos do 3° e 4º da ESO.

Cada equipo estará integrado por catro alumnos, e un deles actuará como portavoz. As probas da primeira fase realizaranse:

  • Categoría A: Xoves, 15 de marzo de 16:00 a 19:00.
  • Categoría B: Venres, 16 de marzo de 16:00 a 19:00.
  • Categoría C: Luns, 19 de marzo de 16:00 a 19:00.

Clasificaranse para a Fase Final os catro equipos con maior puntuación en cada categoría. A fase final será o xoves, día 22 de marzo, de 16:00 a 19:00 horas para as tres categorías.

A Fase Final Galega (Vigo – A Coruña) celebrarase o venres 13 de abril en Vigo, de 17:00h a 20:00h.

O transporte ata a sede IESIDE (Ronda de Nelle, 31- A Coruña) correrá a cargo de cada un dos centros participantes. Os visitantes han estar 10 minutos antes da hora do comezo da proba.

O xurado estará formado por membros da organización, nos cales recaerá a responsabilidade de elaborar as probas. As súas decisións serán inapelables.

Obterán diploma de participación todos os membros dos equipos, e terán premio todos os integrantes dos equipos que pasen á Fase Final Galega. Así mesmo tamén terán premio os Centros clasificados en primeiro e segundo lugar de cada categoría na Fase Final Galega. A entrega realizarase no acto de clausura do día 20 de Abril a partires das 19:30 horas.

A inscrición terá como data límite o día 6 de Marzo do 2018. Cada Centro poderá inscribir un equipo por categoría. Así mesmo poderá presentar un segundo equipo quedando supeditada a súa participación o número total de inscritos. A confirmación de equipos admitidos e o horario será comunicado aos centros entre o 8 e o 9 de marzo.