Xornada de clausura

O Acto de Clausura e entrega de premios aos gañadores do Concurso Inter-Centros: LIGAMATS celebrarase o venres 24 de Marzo a partires das 19:30 horas, na sede da Fundación Barrié en Vigo, rúa Policarpo Sanz 31.

A continuación terá lugar a conferencia: “Por que te resistes a cambiar a metodoloxía nas túas clases de matemáticas?” do profesor Antonio Ramón Martín Adrián.

Ao finalizar farase a entrega dos premios da XIII edición da LigaMats.

 

 

“Por que te resistes a cambiar a metodoloxía nas túas clases de matemáticas?”

Unha vez máis acaban de saír os resultados para España sobre a probas PISA, e non saímos ben parados, como parece ser que é a tónica habitual. Sen embargo, non pasa nada. Nas aulas seguimos repetindo as mesmas clases que o ano pasado, sen ter en conta o cambio de metodoloxía na aula, cambio necesario para obter uns resultados máis positivos nas probas internacionais.

Esta conferencia pretende convidarnos a reflexionar porqué nos custa tanto saír da nosa “zona de confort”.