Ligamats

A Ligamats é unha liga entre equipos de Centros que terán que resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición (Pentaminós, Tangrams…).

Establécense tres categorías de participación:

  • Categoría A: Alumnos do 5° e 6º de Ed. Primaria.
  • Categoría B: Alumnos de 1° e 2º da ESO.
  • Categoría C: Alumnos do 3º e 4º da ESO.

Cada equipo estará integrado por catro alumnos, e un deles actuará como portavoz. As probas da primeira fase realizaranse:

  • Categoría A: Martes, 7 de marzo de 16:00 a 19:00.
  • Categoría B: Mércores, 8 de marzo de 16:00 a 19:00.
  • Categoría C: Xoves, 9 de marzo de 16:00 a 19:00.

Clasificaranse para a Fase Final os catro equipos con maior puntuación en cada categoría. A fase final será o martes, día 14 de marzo, de 16:00 a 19:00 horas para as tres categorías. A Fase Final Galega (Vigo – A Coruña) celebrarase o venres 17 de marzo de 17:00 a 20:00h.

O transporte ata a sede Fundación Barrié correrá a cargo de cada un dos centros participantes. Os participantes han estar 10 minutos antes da hora do comezo da proba.

O xurado estará formado por membros da organización, nos cales recaerá a responsabilidade de elaborar as probas. As súas decisións serán inapelables.

Obterán diploma de participación todos os membros dos equipos, e terán premio todos os integrantes dos equipos que pasen á Fase Final Galega. Así mesmo tamén terán premio os Centros clasificados en primeiro e segundo lugar de cada categoría na Fase Final Galega. A entrega realizarase no acto de clausura do día 24 de Marzo a partires das 19:30 horas.

A inscrición terá como data límite o día 3 de febreiro 2017 Cada Centro poderá inscribir un equipo por categoría. Así mesmo poderá presentar un segundo equipo quedando supeditada a súa participación o número total de inscritos. A confirmación de equipos admitidos e o horario será comunicado aos centros entre o 13 e o 17 de febreiro.

A Ligamats é unha liga entre equipos de Centros que terán que resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición (Pentaminós, Tangrams…).

Establécense tres categorías de participación:

  • Categoría A: Alumnos do 5° e 6º de Ed. Primaria.
  • Categoría B: Alumnos de 1° e 2º da ESO.
  • Categoría C: Alumnos do 3° e 4º da ESO.

Cada equipo estará integrado por catro alumnos, e un deles actuará como portavoz. As probas da primeira fase realizaranse:

  • Categoría A: Luns, 13 de febreiro de 16:00 a 19:00.
  • Categoría B: Martes, 14 de febreiro de 16:00 a 19:00.
  • Categoría C: Mércores, 15 de febreiro de 16:00 a 19:00.

Clasificaranse para a Fase Final os catro equipos con maior puntuación en cada categoría. A fase final será o venres, día 17 de febreiro, de 16:00 a 19:00 horas para as tres categorías.

A Fase Final Galega (Vigo – A Coruña) celebrarase o venres 13 de marzo en Vigo, de 17:00 a 20:00.

O transporte ata a sede Fundación Barrié correrá a cargo de cada un dos centros participantes. Os visitantes han estar 10 minutos antes da hora do comezo da proba.

O xurado estará formado por membros da organización, nos cales recaerá a responsabilidade de elaborar as probas. As súas decisións serán inapelables.

Obterán diploma de participación todos os membros dos equipos, e terán premio todos os integrantes dos equipos que pasen á Fase Final Galega. Así mesmo tamén terán premio os Centros clasificados en primeiro e segundo lugar de cada categoría na Fase Final Galega. A entrega realizarase no acto de clausura do día 24 de Marzo a partires das 19:30 horas.

A inscrición terá como data límite o día 27 de xaneiro do 2017. Cada Centro poderá inscribir un equipo por categoría. Así mesmo poderá presentar un segundo equipo quedando supeditada a súa participación o número total de inscritos. A confirmación de equipos admitidos e o horario será comunicado aos centros entre o 1 e o 3 de febreiro.