Concurso de Anaformismos

Este ano propoñemosvos facer o voso propio anamorfismo.

Que é un Anamorfismo?

Un anamorfismo ou anamorfose é unha deformación reversible dunha imaxe producido mediante un procedemento óptico ou matemático. É un efecto que forza ao observador a mirar dende un punto de vista preestablecido dende onde a imaxe volve verse proporcionada.

Como podo facer o meu?

Resultado     Anaformismo

(Para ver o efecto imprimir o anaformismo e mirar a través dunha cámara.
Máis información nos comentarios do vídeo. Ante calquera dúbida podedes contactar con Emilio: 604.001.629)

Que se pretende?

Con esta actividade preténdese que os alumnos traballen a creatividade e a expresión artística e que vexan a relación desta coas matemáticas. Ao realizar esta actividade os profesores poden introducir ou afondar en conceptos como: a perspectiva, proxeccións e moitos conceptos da trigonometría, que cada profesor pode adaptar ao nivel dos alumnos da súa clase, dende os últimos cursos da primaria ata o bacharelato.

 BASES

  • Os traballos deben ser transportables para poder expoñelos na sede de IMATXINA.
  • Pódense entregar ata tres traballos por clase.
  • Os que desexen participar terán como data límite o día 3 de febreiro 2017.
  • Os participantes deberán indicar á organización antes do día 24 de febreiro as medidas e o punto de observación. O punto de observación non debe superar o 1,3 m de altura.
  • Os participantes deben de levar os traballos o luns 6 de marzo a sede de IMATXINA (Fundación Barrié, Policapo Sanz 31, Vigo) e montalos para a súa exposición.
  • Para valorar mellor o traballo realizado polos alumnos é aconsellable que os participantes entreguen un pequeno vídeo “making off” onde se poida apreciar tanto o aspecto artístico-creativo coma os conceptos matemáticos traballados na clase.
  • Establécense tres categorías de participación:
    • Categoría A: alumnos do 5º e 6º de Ed. Primaria.
    • Categoría B: alumnos do 1º ciclo da ESO.
    • Categoría C: alumnos do 2º ciclo da ESO.
  • Os traballos gañadores serán elixidos por un xurado establecido pola organización que terá en conta tanto a calidade artística como a dificultade técnica empregada.
  • O grupo gañador en cada categoría terá “suculento” premio.