Escola Rosalía de Castro

Na mañá do catorce de setembro de 1961 trinta e oito nenos e nenas traspasaron o limiar da Escola Rosalía de Castro, alí agardaban por eles Antía Cal e outros dous profesores máis. Foi o primeiro día do primeiro curso, a ese seguiron outros cincuenta primeiros días e outros cincuenta cursos. Esta páxina web pretende render homenaxe e dar cabida, aínda nunha pequena mostra, aos milleiros de nenos e nenas, ducias de profesores e centos de familias que fixeron, fan e farán posible unha das tarefas máis gratificantes: guiar e preparar a un neno para a vida.

Banco de libros de texto
Escola Rosalía de Castro
encontros na escola Rosalía